ConcellosÚltima hora

Recuperación de vertedoiros incontrolados no Barco

O Concello eliminaba recentemente seis dos vinte que ten localizados
O alcalde do Barco, Alfredo García e o concelleiro de Medio Ambiente, Aurentino Alonso. /Foto: Carlos G. Hervella.
O alcalde do Barco, Alfredo García e o concelleiro de Medio Ambiente, Aurentino Alonso. /Foto: Carlos G. Hervella.

Unha das preocupacións do Concello do Barco de Valdeorras a nivel medioambiental é a recuperar dos vertedoiros incontrolados. “Dende hai uns anos temos un punto limpo e unha recollida selectiva, e no hai necesidade disto pero a xente segue tirando cousas por aí” aseguraba o concelleiro de Medio Ambiente Aurentino Alonso, na mañá do 19 de decembro, data na que en rolda de prensa anunciaba a boa nova de que “no último mes e medio levamos recuperados seis dos cerca de vinte que coñecemos incontrolados, os localizados en Meiral, Vilariño, Cesures, Alixo, Xagoaza e Forcadela”.

O propio concelleiro, acompañado polo alcalde do Barco Alfredo García, aseguraba que o Concello destinou 10.000 euros das contas de 2014 a esta tarefa e pretende continuar co control dos outros dezaseis puntos de vertido que ten localizados. O seguente paso será pois a asignación doutra partida, incluída no presuposto de 2015, para continuar coa limpeza.

Máis información na vindeira edición en papel do Periódico O Sil.

Artigos relacionados

Back to top button