CulturaCulturaGalerías de fotosSen categorizarÚltima hora

Reme Remedios expón no Barco

A exposición de debuxos permanecerá aberta ata o 30 de novembro na Aula Taller de Arte Bea Romarty

Hai un ano que Bea Romarty decidía abrir unha Aula Taller de Arte no baixo do nº 3 da rúa Coruña no Barco de Valdeorras. E precisamente para celebrar ese primeiro aniversario, na tarde do 9 de outubro inaugurábase a exposición de debuxos “Selección Animal” de Reme Remedios. Os asistentes á inauguración disfrutaron semade dunha performance a cargo do grupo de nome homónimo.

A mostra estará aberta polas tardes ata o 30 de novembro e tódolos debuxos están á venda.

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button