A representación ourensá no 39 Congreso Federal do PSOE

Estase a desenvolver nesta fin de semana en Madrid e concluirá o domingo coa intervención de Pedro Sánchez

Máis de 3.000 persoas (entre delegados, convidados, cargos orgánicos, medios, etc.) están a participar no 39 Congreso Federal do PSOE que, baixo o lema “Somos a esquerda”, se desenvolverá en Madrid ata o vindeiro domingo 18 de xuño.

Dese total, 1.035 son delegados que representan a todas as federacións do partido en España, máis Europa e América. Entre eles están nove delegados da provincia de Ourense, que resultaban elixidos o pasado 27 de maio. Trátase de Rocío de Frutos Madrazo, Ángel Barba Alonso, a valdeorresa Ofelia Puente Carracedo, Juan Carlos Francisco Rivera, Soraya Martín Barreiro, Rafael Rodríguez Villarino, Elvira Lama Fernández, Francisco Fumega Piñeiro e María Jesús Boo Montes.

Nesta ocasión o congreso terá dous escenarios distintos. Así a xornada do sábado estase desenvolvendo no Pazo Municipal de Congresos (Campo das Nacións), mentre que a do domingo (agás a votación dos órganos federais) farase no Pavillón 3 de IFEMA (Avda Partenón, 5 – Madrid). Alí será a proclamación da Comisión Executiva elixida e a clausura do 39 Congreso Federal a cargo do secretario xeral, Pedro Sánchez, nun macro acto aberto á militancia, no que se espera reunir a unhas 8.000 persoas.

Scroll To Top

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies