DeportesÚltima hora

Representación ourensá no I Torneo Eixo Atlántico de Taekwondo

A cita reunirá a máis dun cento de deportistas, a vindeira fin de semana en Gaia (Portugal)
Imaxe do cartel do torneo de taekwondo.

Os días 21 e 22 de outubro celebrarase no Centro de Alto Rendimento de Gaia (Portugal) o I Torneo Eixo Atlántico de Taekwondo. Unha proba que reunirá a un cento de deportistas de 12 municipios da Eurorrexión.

En concreto, nesta primeira edición do torneo dirixido a clubs e asociacións con atletas nados entre os anos 2000 e 2005, participarán representantes dos municipios de Santa Maria da Feira, Braga, Valongo, Vila Real, Barcelos, Maia, Matosinhos, Vila Nova de Gaia, Riveira, Ourense, Porto e A Coruña.

O programa consta de dúas xornadas. O primeiro día (sábado 21 de outubro) será de competición deportiva dende as nove da mañá, cando se levará a cabo a acreditación dos equipos. Ás 9:30h. serán as reunións dos delegados e árbitros; e os combates terán lugar dende as 10 ata as 18h. A entrega de premios será a partires das 18:15h. O segundo día (domingo 22) está pensado para o intercambio de experiencias entre os participantes, con actividades de lecer e cultura, para coñecer a cidade de Vila Nova de Gaia.

A delegación ourensá estará representada por 8 deportistas, 2 adestradores e 1 árbitro. Os deportistas, nados en 2004 son: María Ferreiro Domínguez, Fátima Martínez Fernández, Ainoha García Rodríguez, Julián Feijóo Gómez, Julio Iglesias Doval, Martín Conde Abad, Breogán Sanmartín Bolaño e María González Nóvoa. Os adestradores, Tito González e Iván Branco, e a árbitro Antía García Rodríguez, acompañarán aos deportistas neste torneo que consistirá nunha proba de combates disputada no formato de combate olímpico con
dez categorías de peso nas escalas de cadetes e júnior, segundo as regras da Federación Portuguesa de Taekwondo, e en modelo de eliminacións simples.

Artigos relacionados

Back to top button