EconomíaEconomíaÚltima hora

Representantes dos sectores do viño e da lousa amosan o seu compromiso para impulsar accións conxuntas

Francisco García, presidente do C.R.D.O. Valdeorras e Severino González, xerente do Clúster da Pizarra de Galicia.

Representantes dos dous sectores produtivos máis significativos da comarca, viño e lousa, reuníronse na mañá do 16 de febreiro para estudar posibles alianzas e estratexias de cooperación conxuntas. Francisco García, presidente do Consello Regulador da D.O. Valdeorras, e Severino González, xerente do Clúster da Pizarra de Galicia, salientaron ao termo da xuntanza a súa vontade de articular un convenio de colaboración que faga fincapé, principalmente, na aposta conxunta pola formación, o comercio exterior e o potenciamento da área TIC en ambos os organismos. A idea “é poder esbozar un convenio entre o Consello Regulador da D.O. Valdeorras e o Clúster da Pizarra de Galicia que sería asinado, previsiblemente, nas próximas semanas”, adiantan dende o Consello Regulador.

Artigos relacionados

Back to top button