EconomíaEconomíaÚltima hora

Reunión do conselleiro de Economía cos Clústers da Lousa e do Granito

 

Co fin de abordar a futura Lei de implantación empresarial, o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, mantiña unha xuntanza na mañá do 11 de setembro en Santiago con representantes do Clúster da Pizarra de Galicia, co Clúster do Granito e tamén con representantes da Cámara Mineira galega.

Na xuntanza o conselleiro explicáballes que a nova norma permitirá axilizar os trámites para a autorización de dereitos mineiros, ao tempo que se garante a máxima seguridade xurídica durante todo o procedemento administrativo. Unha das principais novidades que se introducirán na regulación do sector mineiro a través da futura Lei será que cando caduque un dereito mineiro automaticamente sairá a concurso de xeito individual. Os interesados disporán do prazo dun mes para solicitalo.

 

 

Por outra banda, outras das medidas concretas da regulación mineira estará relacionada cunha “maior especificidade no procedemento: exhaustiva relación da documentación a presentar; e con novidades con respecto aos informes requiridos, xa que os preceptivos terán que entregarse antes do trámite de información pública, así, se son negativos, xa non se someterán á mesma; mentres que os informes de organismos sectoriais terán xa a consideración de autorización”, segundo a Consellería de Economía.

 

Artigos relacionados

Back to top button