ConcellosÚltima hora

Reunión cos alcaldes de Avión e Trives para avaliar os danos dos lumes

A Consellería de Medio Rural leva mañá ao Consello da Xunta un decreto de emerxencias
Un momento da reunión matida en Santiago de Compostela.
Un momento da reunión matida en Santiago de Compostela.

A Xunta, a través da Consellería de Medio Rural, busca posibles solucións para axudar aos municipios afectados por incendios durante o mes de agosto. Para iso, a titular do departamento, Ángeles Vázquez, mantivo onte unha reunión cos alcaldes de Avión e a Pobra de Trives, Antonio Montero e Francisco José Fernández, respectivamente, para analizar esas consecuencias provocadas polos lumes nas devanditas vilas, onde foi preciso decretar como medida preventiva a situación 2.

A conselleira falou dun decreto de emerxencias que permitirá soliviantar os danos ocasionados na vaga de incendios e anunciou que irá mañá xoves ao Consello da Xunta co obxectivo de comezar “canto antes” a traballar. Os rexedores tamén mantiveron un encontro co director xeral de Ordenación e Produción Forestal, Tomás Fernández-Couto, no que debateron sobre as actuacións que se poden levar a cabo para rexenerar o monte e recuperar os bens afectados.

Artigos relacionados

Back to top button