OurenseÚltima hora

Reunión da Comisión de Asistencia en Ourense

Ten un carácter informativo e convócase cunha periodicidade bianual
Un dos momentos do encontro.
Un dos momentos do encontro.

No marco da denominada Comisión de Asistencia, o subdelegado do Goberno en Ourense, Roberto Castro, vén de manter unha xuntanza o 2 de xullo con representantes da administración periférica do Estado na provincia, que se reúne de forma bianual.

Esta Comisión, que ten un carácter informativo, pretende “afondar no traballo en equipo, na valorización de ideas e na interconexión de pareceres e comprobar os obxectivos alcanzados, co gallo de evitar disfuncións da Administración e coa finalidade de seguir traballando nun mellor servizo prestado aos cidadáns da provincia”, segundo se informa dende a Subdelegación.

A reunión desta comisión tiña lugar na mañá do 2 de xullo.
A reunión desta comisión tiña lugar na mañá do 2 de xullo.

Neste encontro estiveron presentes: o Subdelegado do Goberno, o Secretario Xeral da Subdelegación, o Secretario Xeral da C.H. Miño-Sil, o Comisario Xefe de Operacións do CNP de Ourense, o Tenente Coronel Xefe da Comandancia da Garda Civil de Ourense, o Xefe Provincial de Tráfico de Ourense, o Xefe da Unidade de Estradas do Estado, a Directora Provincial de MUFACE, a Directora Provincial do INSS e TXSS, o Director Provincial do Servizo de Emprego Público Estatal, o Director do Centro Penitenciario de Pereiro de Aguiar, a Xefa da Inspección Provincial de Traballo e Seguridade Social, o Abogado do Estado – Xefe en Ourense, o Delegado Provincial de Economía e Facenda en Ourense, o Xefe da Xefatura Provincial de Inspección e Telecomunicacións en Ourense, o Xefe da Dependencia de Traballo e Inmigración, o Xefe da Dependencia de Industria e Enerxía de Ourense e Pontevedra e a Delegada Provincial de Estatística.

Artigos relacionados

Back to top button