EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Reunión dos consellos reguladores con Baltar

Forma parte da rolda de contactos da Deputación para analizar estratexias e proxectos de promoción e dinamización deste sector
Reunión de Manuel Baltar  cos presidentes das catro denominacións de orixe vitivinícolas da provincia.
Reunión de Manuel Baltar cos presidentes das catro denominacións de orixe vitivinícolas da provincia.

A sede do Consello Regulador do Ribeiro convertíase o 2 de xuño en escenario dunha xuntanza entre o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e os presidentes das catro denominacións de orixe vitivinícolas da provincia de Ourense: Ribeiro, Valdeorras, Monterrei e Ribeira Sacra.

Na xuntanza, Manuel Baltar solicitáballes aos presidentes destes consellos que plantexen proxectos para seren incluídos nos orzamentos de 2016, que se aprobarán en setembro. Asemade, o portal web “Enourense”, de comercialización para as adegas das catro D.O. ourensáns, e a avaliación da Feira Vinis Terrae formaron parte tamén dos temas tratados na xuntanza.

A Deputación de Ourense e os consellos reguladores seguirán a manter estes encontros, logo dos celebrados en Ourense e no Ribeiro, coa finalidade de planificar estratexias de promoción, modernización tecnolóxica e outras actividades vencelladas á promoción e comercialización, coa colaboración do Inorde. A vindeira reunión terá lugar na sede do Consello Regulador da D.O. Valdeorras, en Vilamartín.

Artigos relacionados

Back to top button