EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Reunión dos presidentes da DO Valdeorras e da Asociación de Sumilleres Gallaecia

Unha imaxe do encontro mantido entre os presidentes da D.O. Valdeorras e da Asociación de Sumilleres Gallaecia./ Foto cedida.
Unha imaxe do encontro mantido entre os presidentes da D.O. Valdeorras e da Asociación de Sumilleres Gallaecia./ Foto cedida.

Na sede do Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras, en Vilamartín, tiña lugar na mañá do 8 de agosto unha xuntanza entre o presidente desta entidade, Francisco García, e o da Asociación de Sumilleres Gallaecia, Luis Paadín. Ao termo da reunión, Francisco García, manifestaba a intención de “tender pontes de diálogo” e de recibir, dende o seu cargo, a todos aqueles que llo soliciten e especialmente “a todos os axentes implicados na promoción vinícola da comarca de Valdeorras”.

Tamén dende a Asociación de Sumilleres Gallaecia se valoraba de forma positiva esta primeira reunión co máximo responsable da D.O. Valdeorras, que se prolongaba ao longo de hora e media, e manifestábase o interese en encauzar e manter este diálogo.

Artigos relacionados

Back to top button