En portadaGalerías de fotos

Riada no Sil ao seu paso polo Barco

Unha imaxe moi diferente á das últimas semanas era que a presentaba o río Sil ao seu paso polo Barco na xornada do 30 de xaneiro. As augas subiron de maneira considerable non só neste río, senón tamén nos seus afluintes, tal e como pode comprobarse tamén nestas fotografías do arroio Cigüeño, que desemboca no Malecón, e tamén o río Mariñán, un pouco máis abaixo.

A chuvia parece que deixará paso nas vindeiras horas ao frío e a neve, que podería descender ata os 600 metros, segundo os meteórologos.

 

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button