ConcellosÚltima hora

Ribadavia prepara un amplo calendario para celebrar o día contra a violencia de xénero

O Concello de Ribadavia vai levar a cabo unha serie de actividades con motivo da celebración, o 25 de novembro, do día contra a Violencia de Xénero. Estas accións arrancan coa colocación dunha pancarta no balcón do edificio consistorial baixo o lema “Nin unha máis, nin unha menos”.

Asemade, realizarán xornadas de sensibilización contra a violencia de xénero dentro dos Talleres de Memoria e animación social para persoas maiores de 60 anos, entre outros temas contará con proxeccións de curtas como “Hai saída para a violencia de xénero”.

Estas xornadas arrancan o mañá, 23 de novembro, ás 16:00. Mañá serán no Centro Social de Francelos, ás 16:00 horas. O 27 de novembro trasládanse ao Centro Social da Franqueira, tamén ás 16:00 horas. O martes 28 levaranse a cabo no Centro Social de San Paio e o 29 no de San Cristovo, ambos os dous ás 16:00 horas tamén.

Asemade, o alumnado do IES do Ribeiro recibirán unha charla sobre as consecuencias da violencia de xénero nas mulleres o vindeiro venres 24, impartida por unha técnico do Centro de Recuperación Integral para Vítimas de Violencia de Xénero.

O propio día 25, venres, procederase á concentración e posterior lectura dun manifesto, seguido dun minuto de silencio, na Praza Maior, en recoñecemento ás vítimas da violencia machista.

Para o 27 de novembro preparan a presentación do libro “As miñas fillas devolvéronme a vida”, escrito por unha vítima da violencia machista. O evento será no Museo Etnolóxico de Ribadavia.

Dentro deste calendario de actos tamén hai programadas tres xuntanzas da Mesa de coordinación contra a violencia de xénero nas que participan o alcalde da localidade, Ignacio Gómez; a concelleira de Servizos Sociais, Nolia Rodríguez, e membros da Policía Local e garda civil de Ribadavia.

Convocatoria da Concentración do 25-N.

Artigos relacionados

Back to top button