ConcellosÚltima hora

Ribadavia prepárase para a XIV edición da Noite Meiga

Os Festicultores pecharán o programa organizado pola Asociación Ribadavia Activa-T para o 1 de novembro
Cartel da Noite Meiga de Ribadavia.
Cartel da Noite Meiga de Ribadavia.

Unha edición máis, e xa van catorce, a Asociación Ribadavia Activa-T presenta a programación da Noite Meiga 2014, a máxica festa de Tódolos Santos, que este ano empeza xa o venres 31 de outubro, malia que o día grande é o 1 de novembro con actividades a partires das cinco da tarde.

Así pois o programa abrirase o venres ás 19h. cun “concerto terrorífico” a cargo da Banda Infantil Luis Costa na Madalena, para continuar co “Misterio do Terrorifico Sr. Euribor” a cargo de O Correo do Vento, contos e obradoiro de debuxo na Madalena.

E xa o sábado, 1 de novembro, a xornada festiva arrancará cun baile de feiticeiros, para nenos no Club Artístico e un photocall meigo a cargo de Garabato-Photo. Tamén para o público intantil é o desfile que comezará ás 19h. ata a Praza Maior, o mesmo punto ao que chegará o Gran Desfile da Noite Meiga, con saída ás 21:30h.dende San Francisco.

A festa continuará e a partires das 22h. sucederanse as actividades: pasaxe do terror no Castelo a cargo de Cometa Espectáculos, Marañao Teatro e voluntarios do Ribeiro; gala de lume con malabares, mazas, escupelumes, cremacións, cadeas…a cargo de SesaDis Espectaculos na Praza Maior; actuacións de “As Lajartas”; aquelarres das meigas cos Tabaleiros da Istoria; actuación do ilusionista Mago Marco, na Igrexa da Madalena; gran queimada co Bruxo Queiman, unha meiga e un diaño tragalumes… e como fin de festa o concerto a cargo do grupo Festicultores Troupe “os máís experimentados cultivadores de festas de Galicia”.

Ademais, ao longo da tarde e da noite, haberá photocall mercadiño meiga de artesanía, así como concursos: de “cabazas”, “ambientación de locais da hostalaría, “decoración de escaparates, e “disfraces. A entrega de premios farase ás 00:00h. na Praza Maior, menos os dos disfraces, que se darán no Club Artístico, o infantil ás 18h. e o sénior as 2h.

Para que a recreación do ambiente de terror sexa perfecta, dende a organización piden que “tódalas persoas que non poidan vir vestidos de meigas, bruxos, ánimas do purgatorio, feiticeiros, lobisomes,… o fagan de cor negra””.

Artigos relacionados

Back to top button