ConcellosÚltima hora

Ribadavia prepárase para a XVI Noite Meiga

A festa, organizada pola Asociación Ribadavia Activa-T, celebrarase o 29 de outubro
Cartaz da XVI Noite Meiga de Ribadavia.
Cartaz da XVI Noite Meiga de Ribadavia.

 

A programación aínda non está pechada, pero dende a Asociación Ribadavia Activa-T están ultimando a que será a XVI edición da festa Noite Meiga que se celebrará o 29 de outubro. Igual que o ano pasado o programa comezará  xa pola tarde pensando nos nenos, seguindo co resto de actividades habituais que se celebrarán de noite para os maiores (desfiles, mercado, bailes, maxia, teatro, música,…).

Esta actividade, que en Ribadavia está tendo cada vez máis relevancia,  nace en torno ao Samaín, a festividade de orixe celta na que a noite do 31 de outubro ao 1 de novembro servía como celebración do final da tempada de colleitas na cultura celta e era considerada como o “Ano Novo Celta”, que comezaba coa estación escura. É tanto unha festa de transición (o paso dun ano a outro) como de apertura ao outro mundo.

Artigos relacionados

Back to top button