CulturaCulturaÚltima hora

A Ribeira Sacra será a protagonista no novo disco de Luar na Lubre

O grupo folk está gravando no Mosteiro de San Pedro de Rocas
Un momento da gravación no Mosteiro de San Pedro de Rocas.

Poñer en valor a través da música a riqueza histórica, etnográfica, natural e monumental da Ribeira Sacra é o obxectivo do novo traballo discográfico de Luar na Lubre. Un disco que esán gravando no Mosteiro de San Pedro de Rocas (Esgos).

Neste novo disco, no que colabora a Deputación de Ourense, o grupo folk incorporará como novidade no seu repertorio o idioma do afiador, o barallete, unha das singularidades da Ribeira Sacra.

O líder do grupo, Bieito Romero, adiantou que esta produción, na que están a traballar ao longo desta semana en Rocas, será presentada no Teatro Principal de Ourense en marzo de 2018 e abrangue composicións propias, música tradicional e melodías “que van lembrar e remarcar todo o patrimonio que temos na Ribeira Sacra”.

 

Artigos relacionados

Back to top button