En portadaÚltima hora

O río Sil inunda a praia fluvial do Malecón do Barco

Había moitos meses que o Sil amosaba unha imaxe moi pouco habitual nestas datas ao seu paso por Valdeorras, cun cauce moi baixo. As chuvias deixadas pola borrasaca Ana onte domingo devolvíanlle, en apenas 24 horas, un aspecto moito máis propio destas datas de outono. O río incrementaba de maneira considerable o seu caudal e mesmo cubría algunhas zonas, como é o caso da praia fluvial do Malecón do Barco.

Así, segundo os datos da Confederación Hidrográfica Miño-Sil o caudal do río Sil no Barco de Valdeorras, que o pasado día 4 de decembro non chegaba aos 13 m3/s vén de acadar ás 9h. de hoxe 11 de decembro. Na últimas horas chegaban a caer no Barco máis de 30 litros por m2.

Foto: A.R.

Artigos relacionados

Back to top button