CulturaCulturaGalerías de fotosÚltima hora

Roberto Pascual: “Este é o festival de todos, que se fai sobre todo con paixón e compromiso co público”

A Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia sube o pano da 33ª edición que se estenderá ata o 24 de xull0

Cun emotivo discurso, no que lembrou a traxectoria da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia dende os seus inicios con Abrente ata hoxendía, abría o director da MIT, Roberto Pascual, a súa intervención no acto inaugural da 33ª edición da Mostra que tiña lugar na noite do 15 de xullo na igrexa da Madalena.

Pascual fixo fincapé na homenaxe que merece todo o capital humano que forma parte e fai posible a MIT, dende voluntarios, técnicos, montaxe e desmontaxe, equipo de producción, etc… e a “importancia do consenso entre a profesionalidade e a vontade de todos, incluido o público, sen o cal sería imposible”. Tamén recalcou, a axuda e colaboración de tódolos organismos públicos e administracións, facendo fincapé presencia este ano da Directora do INAEM, imprescindibles para conseguir a excelencia artística, tan importante e posiblemente a que fixo posible o premio que levou este ano a MIT, o Premio Rosa María Cano á excelencia artística, concedida por la Feria de Teatro de Castilla y León. “Este é o festival de todos, que se fai sobre todo con paixón e compromiso co público”, asegurou o director da MIT.

Na súa intervención, a directora do INAEM, Montserrat Iglesias, agradeceu o convite do considerado como “o festival escénico mais antigo e relevante de toda Galicia que ademais funciona como unha excelente plataforma internacional gracias á rede de intercambio e colaboración que o festival desenvolve con outros destacados certámenes mais alá das nosas fronteiras”.

O acto tamén contou coa presenza da concelleira de Cultura, Maria Touza, do alcalde de Ribadavia, Ignacio Gómez, e do Subdelegado do Goberno, Roberto Castro, rematando coa entrega do Premio de Honra Roberto Vidal Bolaño a Producións Teatrais Excéntricas, tomando a palabra os seus representantes, Quico Cadaval, Evaristo Calvo, Víctor Mosqueira e Piti Sanz, que con toque de humor agradeceron o galardón en nome de todos os seus integrantes.

Despois da primeira fin de semana, con obras como “Vincles” de Circ Bover ou “Annus Horribilis” de Chévere, comeza unha semana de grandes espectáculos na MIT. O máis agardado, “Clean City” será hoxe, 17 de xullo ás 23h. no Auditorio do Castelo. “Clean City”, unha coprodución do Onassis Cultural Centre-Athens e do Goethe-Institut, é un espectáculo que mestura vídeo, música, unha suxerente escenografía, imaxes e relatos de mulleres da limpeza que con ironía e moita honestidade, contan en primeira persoa as experiencias, transitando do humor á emoción, en servizos de limpeza de casas en Atenas e a situación política e social que viviron como inmigrantes nun contexto de crise e auxe da xenofobia, alentado por grupos políticos de extrema dereita como Amanecer Dorado.

Fotos: Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia.

Artigos relacionados

Back to top button