CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Roberto Sobrado presenta “Atlas de Anatomía” no Barco

O grupo presenta o seu último disco na vila nun concerto enmarcado no programa “De Preto”

Temas propios e alleos que se moven en estilos que van dende o blues ata o rock. Robero Sobrado envolvía coa súa persoal música a praza Maior do Barco nun concerto en acústico no que presentaba ademais o seu último disco, “Atlas de Anatomía” (2015). Xunto a Sobrado, tocaban Rafa Campoy (guitarra acústica) e Paulo Silva (percusións). Esta actuación, que forma parte do programa “De Preto” da Concellería de Cultura do Barco, tiña lugar na noite do 3 de xullo.

A seguinta cita con “De Preto” será cinematográfica. O 7 de xullo ás 22:30h. nos Xardíns da Casa Grande proxectarase o documental “A viaxe dos Chévere” de Alfonso Zarauza.

Fotos: Ángeles Rodríguez

Artigos relacionados

Back to top button