En portadaGalerías de fotosÚltima hora

O Robledo (Vilamartín de Valdeorras) celebra a súa tradicional Romaría de San Cosme

Moita xente participou na andaina pola Ruta dos Muíños, previa á celebración popular

Dende a praza José Luis Núñez de Vilamartín, saía na mañá do domingo 24 de setembro a andaina pola Ruta dos Muíños de San Cosme (pasando por lugares de gran beleza paisaxística e elementos etnográficos propios da comarca como os muíños, albares e sequeiros), o acto co que se abría a tradicional romaría no Robledo.

Moita xente participou na andaina, pero moita máis se sumaba á festa xa no pobo onde unha multitude de persoas de toda a contorna desfrutou dunha soleada e calurosa xornada festiva, na que non faltaron os cultos na honra a San Cosme, o polbo á feira da man de Lula, ou o viño de Valdeorras.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button