CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Roi Casal presenta en Verín o espectáculo musical “Son galego, Son cubano”

Esta actuación, incluída no programa da XII Feira do Viño de Monterrei, terá lugar o 13 de agosto ás 21:30h.
O músico galego Roi Casal.

A música será unha das protagonistas, xunto cos brancos, os tintos, e a gastronomía, da XII Feira do Viño de Monterrei, prevista para a segunda vin de semana de agosto en Verín. Así o vindeiro 13 de agosto, ás 21:30 horas, a Praza García Barbón, será o escenario do espectáculo musical de Roi Casal, “Son galego, Son cubano”.

“Son galego, Son cubano”, o gran espectáculo musical entre Galicia e Cuba, foi presentado no Gran Teatro da Habana (Palacio do Centro Galego) en maio de 2016 con dous memorables concertos. Un fantástico show con letras de Neira Vilas e a posta en escena dos mellores músicos de ámbolos dous países, que foi visto en directo por máis de 50.000 persoas na xira de ese mesmo ano.

Roi Casal traballou conxuntamente neste espectáculo con Neira Vilas ate o falecemento deste último en novembro de 2015. A xira é considerada unha fermosa homenaxe ao propio Neira Vilas e á emigración galega en Cuba, onde o escritor residiu 31 anos da súa vida para deixar rexistrada en varias das súas obras a incrible epopea dos galegos na illa caribeña.

Artigos relacionados

Back to top button