DeportesÚltima hora

O roller derby, deporte de contacto sobre patíns, chega este sábado á Rúa

O equipo Sereas Bravas de Vigo, que conta cunha xogadora ruesa, fará unha exhibición o 18 de novembro
Cartel da exhibición de roller derby, na Rúa.

Non é unha actividade moi extendida, de feito a España chegou hai menos dunha década, pero ten os seus seguidores e pouco a pouco está collendo máis auxe e en Ourense hai un equipo. A grandes rasgos, o roller derby é un deporte de contacto, orixinario de EE.UU. que se xoga sobre patíns tradicionais ao rededor dunha pista, e consiste nun partido de dous tempos de trinta minutos cada un, onde dous equipos compiten entre si con obxectivo de anotar máis puntos que o contrario.

Quen desexe coñecer algo máis sobre esta actividade (a versión máis ruda da patiñaxe), poderá facelo o sábado 18 de novembro no pavillón de deportes de A Rúa, onde o equipo vigués Sereas Bravas (do que forma parte a ruesa Amparo Rodicio) fará unha exhibición. Pola mañá haberá adestramentos abertos e pola tarde, de catro a oito terá lugar a demostración.

Artigos relacionados

Back to top button