OurenseÚltima hora

Rosa Freijedo gaña 6.000 euros no sorteo do 9º Salón do Automóbil

O coche que mercou foi un Ford Ka e gañou o sorteo grazas a realizar dita compra no salón que se celebrou en Expourense nas dúas últimas fins de semana de outurbro
Foille entregado polo xerente e polo comercial do concesionario que vendeu o vehículo premiado e por Expourense .

Rosa Freijedo Rodríguez, recibiu onte, 3 de novembro, no concesionario de Tomóvil Cuevas (Ford) o cheque desconto de 6.000 euros que gañou ao mercar un vehículo e participar así no sorteo promovido pola Asociación de Concesionarios de Automóbiles de Ourense (A.C.A.U.T.O.) e Expourense durante o 9º Salón do Automóbil que se celebrou durante dúas fins de semana de outubro no recinto feiral.

Rosa Freijedo é natural de Biduedo, no concello de San Cristovo de Cea, e xusto onte estivo de aniversario e fíxoselle a entrega do cheque desconto cuxa contía económica é achegada entre A.C.A.U.T.O. e Expourense. Foille entregado polo xerente de Tomóvil, José Manuel Alonso; polo comercial que lle vendeu o coche, Carlos González Torres; pola directora de Administración de Expourense, Cristina Álvarez Bermejo, e polo director de Ourense Centro de ABANCA, Carlos Díez. A afortunada acudiu a Expourense “porque eu teño un coche xa vello ao que se lle vai o asento para atrás e precisaba dun novo. Buscaba un pequeno e foi entrar ao recinto e ver este e o comercial da Ford acaboume de convencer. O que eu merquei é igual ca este co que fixemos a foto pero todo en branco que me gusta máis. Nunca tiven un agasallo de cumpreanos tan bo coma este”. Este vehículo foi vendido por preto de 12.000 euros aos que agora hai que descontarlle os 6.000 euros do bono sorteo. O coche de Rosa aínda está en fábrica e seralle entregado en decembro

Artigos relacionados

Back to top button