EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima hora

Rosa Mª Dacosta gaña o concurso de cociña do Porco Celta de Manzaneda

O certame enmárcase nas xornadas organizadas pola Asociación Cultural Porco Celta

Na mañá do 5 de novembro, o pavillón municipal de Manzaneda reconvertíase nunha gran cociña para acoller unha nova edición do concurso de cociña enmarcado nas Xornadas Gastronómicas e de Recuperación do Porco Celta que este ano cumpriron dez anos. Unha actividade, na que participaron sete persoas que elaboraron suculentos pratos co “segredo de porco” como ingrediente principal.

Trala degustación dos pratos e a deliberación do xurado, formado por tres persoas vinculadas ao sector da hostalaría, Rosa María Dacosta da Rúa conseguía o primeiro premio (unha noite no Pazo da Pena). O segundo premio (un día nun balneario da cadea Caldaria) foi para Santos García Cantero de Borruga (Manzaneda) e o terceiro (un lote de produtos da zona) para Leonardo Álvarez Gil da Rúa.

O resto de participantes levaron un diploma e un lote de embutidos de Las tres H.

Fotos cedidas por Fermín Santoveña.

Artigos relacionados

Back to top button