ConcellosÚltima hora

A Rúa acolle esta fin de semana o II CaViño de Inverno

Catorce establecementos hostaleiros e vintedúas adegas participan na iniciativa, do 8 ao 10 de xullo

13508878_1021640057872419_8988601358482882044_n

Despois do éxito da primeira edición celebrada o ano pasado, A Rúa acolle esta fin de semana o 2º CaViño de Inverno.

Na ruta de viños que se celebrará os días 8, 9 e 10 de xullo participarán catorce establecementos hostaleiros (A Cervecería, A Tasca, Bravo Lux, As Piscinas Dipöp, Cafetería Luna’s, Mesón Poldo, O Café, Orballo, O’Recuncho, O’Retorno, Sport’s Café, Vinoteca Pepa, 4 Bar e El Patio) e vintedúas ademas, con agasallos e sorpresas para todo aquel que faga a ruta, dende pinchos especiais ata actuacións musicais e camisetas.

A inauguración será mañá, venres o de xullo ás 20 horas na praza do Concello. Ese día haberá animación musical a cargo da Charanda Nova Terras de Trives, Os Palletas de Quiroga e Los Pamplinas de Ponferrada. O sábado, o apartado musical correrá por conta dos Cantos de Taberna da Rúa e da Banda de Gaitas Mencía de Toral de los Vados.

Artigos relacionados

Back to top button