ConcellosÚltima hora

A Rúa busca recuperar o baloncesto na vila

O Concello pretende crear unha escola coa colaboración dos responsables do M.V. Barco
Cartaz anunciador da actividade deportiva.
Cartaz anunciador da actividade deportiva.

Sempre foi un deporte con moita tradición na Rúa, chegando a ter un equipo moi competitivo, que co tempo, acabou desaparecendo.

Recuperar a práctica do baloncesto e chegar a formar un novo equipo na localidade, é o que persiguen dende o Concello coa posta en marcha dunha nova escola deportiva. “A idea xurdiu de José Luis Gómez do Barco e será el mesmo e a súa filla Patricia, os que se encarguen das clases”, explica o concelleiro de Deportes Avelino Fernández.

Será unha actividade de balde, pero para poder levala a cabo, necesitan reunir ao maior número de nenos interesados, a partires dos 5 anos.

Para máis información: victoriamuebles@yahoo.es

Artigos relacionados

Back to top button