CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

A Rúa contará cunha escola municipal de idiomas

O Concello asinou un convenio coa empresa Get Brit! que abrirá o proceso de preinscrición o 26 de maio
Fachada do Concello da Rúa.
Fachada do Concello da Rúa.

A alcaldesa da Rúa, María González Albert e o representante de Get Brit! na zona, Rodrigo Velasco Magadán, veñen de asinar un convenio de colaboración polo que a empresa establecerá a ensinanza de inglés no termo municipal no vindeiro curso académico, facilitando así aos veciños da localidade e arredores o acceso á formación neste idioma.

Tal como explican dende o Concello “Get Brit! é unha empresa consolidade no sector que xestiona escolas de idiomas en máis de 200 localidades en todo o Estado” e entre os seus principais obxectivos está preparar ao alumnado para ser capaz de comunicarse noutro idioma de xeito fluído e capacitalos para obter a certificación oficial establecida no Marco Europeo de Referencia das Linguas, xa que se trata dun Centro Oficial Examinador.

O proceso de preinscrición iniciarase o xoves 24 de maio na Casa do Concello e prolongarase ata o mes de agosto. Está previsto que as clases comecen o 3 de outubro.

Artigos relacionados

Back to top button