ConcellosÚltima hora

A Rúa tamén celebra a festa de San Xoán

Con paella popular en San Roque o venres 23 e pulpada en Roblido o sábado 24
Cartel da Noite de San Xoán no campo de San Roque.

No campo de San Roque e en Roblido. Son os dous puntos da Rúa nos que se vivirá dun xeito especial o San Xoán. A comisión de festas de San Roque organiza para mañá, 23 de xuño pola noite, unha paella popular para festexar a Noite de San Xoán. Por 10 euros que custa a entrada, o menú inclúe ademais bica, viño, auga, café e chupitos. E despois da cea haberá un gran fin de festa amenizado pola nova Danzalia Disco-Show, con descenario móbil.

Na localidade de Roblido, pola súa banda, celebrarán a festa de San Xoán o sábado 24 de xuño pola tarde, cunha gran pulpada a partires das 20:30h. (a fartar por 20 euros) e baile amenizado polo trío Ases.

Artigos relacionados

Back to top button