DeportesGalerías de fotosÚltima hora

O Rúa-Valdeorras C.F. cae ante un implacable Betanzos

As valdeorresas perdían por 2 goles a 4 no campo do Aguillón, na 2ª xornada de liga

Hoxe non estiveron acertadas as xogadoras do Rúa-Valdeorras C.F. que caian ante o Betanzos C.F. na segunda xornada de liga.

Moi cedo (ás 15:45h.) comezaba o partido no campo do Aguillón entre as valdeorresas (que viñan de golear ao Carral) e as coruñesas, e eran as locais as que se adiantaban no marcador co gol de Rafaela Allana no minuto 41. Despois do paso polo vestiario e malia o frouxo xogo das do Rúa, Rafa marcaba o segundo gol local (67′).

Só catro minutos despois, nun fallo defensivo das locais, un implacable Betanzos marcaba o primeiro tanto e en pouco tempo conseguía darlle a volta ao marcador, rematando o encontro co 2-4.

Malia este traspés o Rúa-Valdeorras sitúase no quinto posto da clasificación. O próximo rival será o S.D. Villestro en Santiago.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button