CulturaCulturaGalerías de fotosÚltima hora

A Ruada abre o programa das festas de San Roque na Rúa

Co teatro na praza César Conti, encetáronse 5 días de festexos que rematarán o 21 de agosto coa orquestra París de Noia

Loitando contra uns refachos de vento que ameazaban con derrubar o escenario e tralo minuto de silencio (en solidariedade coas vítimas do atentado terrorista en Barcelona), seis membros de A Ruada poñían en escena “O Cego”, adaptación da obra do dramaturgo galego Manuel Daniel Varela Buxán, “O cego de Fornelos”.

Pasaban das dez e media da noite do 17 de agosto e unha abarrotada praza César Conti, asistía a representación que marcou o comezo da festas de San Roque na Rúa, as últimas no municipio valdeorrés que continuarán toda a fin de semana, rematando o luns coa actuación da orquestra París de Noia.

Hoxe venres 18 de agosto a partires das 23h. no campo de San Roque, acturará a agrupación Abertal que dará paso á discoteca móbil Nova Danzalia. E para o sábado 19 está previsto o tradicional torneo de tute na praza (16h.), unha nova edición da Volta Ecolóxica (19h.) e baile en sesión de tarde e verbena a cargo do grupo La Ola ADN.

O domingo será un dos días grandes e contará coa Banda Municipal de Xinzo de Limia que acompañará á procesión (despois da misa 12:30h.), e tamén actuará na sesión vermú en San Roque e pola tarde (19h.) en César Conti. Pola noite o baile correrá por conta da orquestra Venecia.

A festa continúa o luns, 21 de agosto con pasarrúas dos gaiteiros Airiños de Portela, misa campestre (12:30h.) e sesión vermú a cargo de Danzalia. Pola tarde, a partires das 18h. haberá actividades para os máis cativos que coma sempre acabarán cunha batalla de auga rematando o programa co prato estrela: a actuación da orquestra París de Noia que porá o broche en sesión de tarde e verbena.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button