Rubiá abre as festas de Xeadre coa sardiñada popular

As festas na honra a Santa Mariña continúan hoxe coa procesión pola mañá e o baile pola tarde

Dous meses despois de celebrar a Ascensión, Rubiá volve estar en festas. Desta volta, no barrio de Xeadre onde festexan á patroa do pobo, Santa Mariña.

Como en cada ocasión dende que un grupo de veciños recuperaran os festexos, era a sardiñada popular a que abría o programa. Así na tarde-noite do 15 de xullo, numerosas persoas asistían á cea convidados pola comisión de festas. O prato estrela, as sardiñas asadas na grella, ademais de bolos preñados e doces. A música correu por conta da Discomovida A Boa Festa.

A festa continúa hoxe, domingo 16 de xullo coa procesión coa imaxe de Santa Mariña polo barrio, coa música da charanga Os Imparables e o baile pola tarde a cargo da orquestra Tokio.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Scroll To Top

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies