ConcellosÚltima hora

Ruta das Bodegas en Petín

A asociación Cultural Fonte Grande organiza a segunda edición da festa na que participan entre 20 e 25 locais
Cartaz da Ruta das Bodegas en Petín.
Cartaz da Ruta das Bodegas en Petín.

O vindeiro sábado 29 de agosto celebrarase a II edición da Ruta das Bodegas en Petín, organizada pola Asociación Cultural Fonte Grande en colaboración co Concello.

A ruta, que estará musicalmente amenizada por unha charanga, comezará en torno ás 20h. e participarán entre 20 e 25 adegas nas que se poderá degustar viño, chourizos e entremeses. A entrada custa 10 euros e inclúe a taza.

A partires das 23h. haberá verbena na praza Doutor Quiroga.

Artigos relacionados

Back to top button