ConcellosÚltima hora

Ruta polas minas de volframio de Vilanova (A Veiga)

Terá lugar en decembro e forma parte do programa de actividades elaborado polo Concello neste outono

 

Panorámica das minas de volframio de Vilanova, no Macizo de Trevinca./ Foto: Carlos G. Hervella.

Achegarse á paisaxe, á xeoloxía, pero tamén á historia mineira das montañas de Trevinca será posible a través dunha serie de cinco actividades previstas nas vindeiras semanas na Veiga. Unha delas será unha ruta denominada “O volframio e o glaciarismo no alto Xares”, programada para o vindeiro 9 de decembro. Trátase dun percorrido, acompañado dunha explicación didáctica, polas Minas de Volframio de Vilanova que concluirá no Centro de Visitantes da ZEC Peña Trevinca (Ponte).

Unhas semanas antes haberá outra proposta. Será outra ruta o día 19 de novembro, neste caso pola “Lagoa Glaciar de Ocelo e polo Bidueiral de Xares”. Ademais o día 17 haberá outra actividade de “Xeoloxía e ornitoloxía na alta montaña”, e xa en xaneiro unha ascensión ao Pico Maluro (1934), xunto con prácticas con raquetas de neve e emprego de das botas de montaña en pendentes nevadas” o día 14 e un percorrido polo Val do Xares e o Pontón das Olgas o día 19. Neste último caso a actividade estará orientada a mozos en idades comprendidas entre os 6 e os 12 anos.

Este conxunto de percorridos, de carácter gratuíto, serán organizados polo Concello da Veiga a través da Oficina de Información xuvenil.

Artigos relacionados

Back to top button