CulturaÚltima hora

A Sala de Exposicións de Verín acolle “Entropía”, de Carlos Santos

A mostra do pintor colombiano estará aberta ao público até o 5 de novembro
Unha obra da mostra "Entropía" que estará en Verín até o 5 de novembro.
Unha obra da mostra “Entropía” que estará en Verín até o 5 de novembro.

A Sala de Exposicións do Concello de Verín acolle até o vindeiro 5 de novembro a mostra “Entropía”, do pintor colombiano Carlos Santos. Os horarios para poder achegarse a contemplar as súas obras serán de luns a venres, de 17 a 21 horas e os sábados, de 10 a 14 horas e de 17 a 20:30 horas.

O estilo deste artista enlaza a corrente estética e filosófica da entropía cun estilo onírico que remite ao surrealismo conceptual e iconográfico de Magritte, con seres de liña futursita en ambientes inhóspitos.

Artigos relacionados

Back to top button