CulturaCultura

San Xoán a ritmo de mariachis no Ruxe Ruxe de Quiroga

O local sorprenderá aos clientes cunha pancetada e a actuación de Mariachi Vigo
A formación Mariachi Vigo actuara este venres no Ruxe Ruxe de Quiroga.

Cunha agrupación de mariachis celebrarán a noite de San Xoán na cevexería Ruxe Ruxe de Quiroga. Os festexos neste local de hostalaría quirogués comezarán as 20:30h. deste venres 23 de xuño cunha pancetada de balde para os asistentes e, a partires das 23:45h. dará comezo unha festa mexicana que romperá todos os esquemas.

A ambientación musical correrá a cargo de Mariachi Vigo, unha numerosa formación de mariachis que, caracterizados coa indumentaria clásica e interpretando rancheiras e corridos, sorprenderán e animarán aos asistentes.

Artigos relacionados

Back to top button