SanidadeÚltima hora

Sanidade anuncia que o novo edificio do CHUO estará operativo en setembro

O novo edificio centralizará toda a hospitalización nunha sola área.

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, anunciou hoxe, 7 de xuño, no Parlamento de Galicia o remate das obras do novo Edificio de Hospitalización do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO), e súa apertura a principios do mes de setembro.

Vazquez Almuiña fixo pública na súa comparecencia que, onte mesmo, tivo lugar a recepción das obras por parte do Servizo Galego de Saúde (SERGAS), acto administrativo que oficializa o remate das mesmas, e súa posta a disposición para uso asistencial, o que permitirá axustar a planificación prevista dos traslados ao longo dos vindeiros meses.

Con este investimento, o Conselleiro subliñou que a Xunta de Galicia da cumprimento a estratexia de mellora 2020 anunciada polo presidente Feijoo, “na procura de mellorar áreas sanitarias clave a nivel asistencial”, como a hospitalización do CHUO. A esta mellora seguirá a das consultas e gabinetes de exploración e a remodelación do edificio antigo.

O máximo responsable do departamento sanitario da Xunta de Galicia subliñou igualmente que, ademais das novas infraestruturas, o Goberno galego traballou, “en tempo record”, para habilitar os novos accesos de entrada ao recinto hospitalario, obras coordinadas pola Consellería de Infraestruturas, co compromiso do Concello e a Deputación Provincial de Ourense.

Vázquez Almuiña destacou que, as obras de ampliación, supuxeron un investimento de mais de 41 millóns de euros e ocupan unha superficie de 52.000 metros cadrados, dos que máis de 24.000 corresponden á áreas de hospitalización. Coa apertura do novo edificio, a hospitalización xeral do CHUO “unificarase nun único núcleo”, dixo o Conselleiro, evitando a separación da área de hospitalización situada, ata agora, no Edificio Santa María Nai.

Así, coa apertura desta nova infraestrutura sanitaria pública, “todas as unidades de hospitalización do CHUO estarán unidas nun único núcleo” (formado polos edificios Cristal, Materno-Infantil, Cirúrxico e o novo de hospitalización), todos eles ben comunicados entre si.

Novo edificio de hospitalización de dez plantas

O novo edificio, de con dez plantas máis cuberta, dispón de sete plantas adicadas exclusivamente a hospitalización, cun total de quince unidades: Nove polivalentes médico-cirúrxicas, ademais das de psiquiatría, paliativos, oncoloxía e hospitalización innovadora.

Xunto a este edificio a ampliación incluíu a construción dun edificio axunto de aparcadoiro e Servizos Xerais, de catro plantas e cuberta, con acceso desde a rúa Nosa Señora da Sainza. Conta con tres plantas de aparcadoiro e súa cuberta conforma nova praza de acceso.

Artigos relacionados

Back to top button