SanidadeÚltima hora

Sanidade estuda instalar un ascensor no Centro de Saúde da Rúa

A Consellería vén de asinar un protocolo co Concello para estudar a viabilidade das obras de mellora
Sinatura entre a conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera e o alcalde da Rúa, Avelino García.
Sinatura entre a conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera e o alcalde da Rúa, Avelino García.

Na mañá do 19 de maio, a conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera, e o alcalde da Rúa, Avelino García, asinaban un protocolo de cooperación “para estudar as posibilidades e viabilidade da realización de obras de reforma no centro de saúde rues” tal como explican dende o Servizo galego de Saúde.

O obxectivo desta iniciativa é permitir o acceso aos pacientes ao primeiro andar do centro mediante a instalación dun ascensor. Trátase “de dar unha mellor resposta aos problemas de saúde da poboación, mediante actuacións que permitan mellorar as dotacións e infraestruturas adicadas á atención asistencial aos cidadáns deste concello”. Neste senso, o Sergas e o Concello colaborarán no financiamento.

Para a súa consecución, formarase un grupo de traballo composto por dous representantes de cada unha das partes asinantes. Ademais, crearase unha comisión de seguimento que interprete e asegure o bo fin e cumprimento deste protocolo que conta cunha vixencia dun ano, podendo ser prorrogado por mutuo acordo antes da data da súa finalización.

Artigos relacionados

Back to top button