En portadaÚltima hora

Segunda e exitosa xornada de limpeza dun grupo de vianeses no encoro do Bao

Á iniciativa contaba nesta ocasión con máis participantes e a idea é continuar con novas actividades

Tendo en conta a impresionante baixada do nivel da auga do encoro do Bao (ao carón da vila de Viana do Bolo), un grupo de veciños acordaban, a iniciativa de Ana María García, aproveitar esta situación para limpar as súas beiras de lixo. Comezaban cunha primeira xornada de traballo o pasado 8 de outubro que se desenvolvía con éixto na que recollían gran cantidade de lixo e de todo tipo.

Dúas semanas despois, o pasado domingo 22 de outubro, repetían a convocatoria incrementando o número de participantes, con persoas de todas as idades, que colaboraban na limpeza do encoro vianés. De novo recollían multitude de restos tirados á auga como neumáticos, coches de nenos ou caixas de cervexa.

“O grupo creceu e estamos moi animados”, asegura unha das participantes, Cristina Fernández, quen adianta que a intención é continuar organizando actividades deste tipo e animar a máis xente a que se sume.

Fotos: JL Ortiz.

Artigos relacionados

Back to top button