En portadaGalerías de fotosÚltima hora

A selección do valdeorrés Lucas Mondelo logra o terceiro ouro de España nun Eurobásket feminino

Dominaba dende o primeiro cuarto a final contra Francia, que caía por 71/55

A selección española de baloncesto feminino, dirixida polo valdeorrés Lucas Mondelo, continúa facendo historia. Como acostuma dicir o propio técnico “fai fácil o difícil” e vén de demostralo unha vez máis na final do Eurobásket que se desputaba na tarde do 25 de xuño en Praga fronte a Francia.

Dominaba claramente ao longo de todo o encontro, vencía nos cuatro cuartos e ademais cunha notable vantaxe que chegaba mesmo aos 21 puntos nalgúns momentos. A defensa deseñada por Mondelo marcaba o camiño de España cara o ouro e descolocaba por completo á selección francesa, que se vía superada en todos os aspectos polas xogadoras de Mondelo.

E así ata chegar aos últimos segundos, nos que o banquiño español saboreaba e festexaba xa a vitoria, cun marcador de 71 a 55. Este era o terceiro Eurobásket de Mondelo e de novo conseguía medalla. É asemade o terceiro ouro de España nun europeo tras os logrados en 1993 e no 2013. Unha vez máis o valdeorrés, que estivo arroupado pola súa familia “Os Carecas” dende as bancadas, demostra que converte en ouro o que toca.

Artigos relacionados

Back to top button