CulturaCulturaÚltima hora

A serie “Las mil Galicias”, publicada no ABC, gaña o premio Xosé Aurelio Carracedo de Xornalismo

 

 

Xurado do certame.

Unha serie de reportaxes sobre tradición, modernidade e innovación en Galicia, publicada no xornal ABC, vén de gañar o XXVII Premio “Xosé Aurelio Carracedo” de xornalismo na súa convocatoria de 2017. Estas pezas forman no seu conxunto a serie “Las mil Galicias” e foron asinadas por Patricia Abert, Abraham Coco Barajas e Elena Rodríguez de Somoza, foron escollidas hoxe, 26 de abril, polo xurado por unanimidade.

O premio, dotado con 3.000 euros e diploma, entregarase o vindeiro 3 de maio, Día Internacional da Liberdade de Prensa, nun acto que se celebrará no Salón de Plenos da Deputación de Ourense, xa que o organismo provincial convoca este certame anualmente para honrar a memoria do xornalista ourensán que lle da nome ao premio, falecido en 1988.

O xurado destacou do traballo  “que ofrece unha visión dos ámbitos tradicional e contemporáneo de Galicia”, e supón “unha aposta pola modernidade galega”. Asemade, resaltaron que esta serie de reportaxes “achega unha panorámica sobre a situación actual de Galicia desde o punto de vista da solidariedade, a innovación e o emprendemento”, e supón “unha aposta dun medio e dos seus profesionais por un traballo en equipo, continuado no tempo, para analizar a realidade actual de Galicia, ofrendo aspectos sobre o problema demográfico, a investigación e os sectores económicos que resisten e seguen impulsando competitividade en Galicia”.

O xurado estivo presidido polo deputado provincial de Cultura, Manuel Doval Soto, e integrado polo vicedecano da Facultade de Ciencias da Comunicación de Santiago de Compostela, Carlos Toural Bran; o directivo da Asociación de Periodistas de Sentaigo e delegado territorial de TVE e RNE en Galicia, Rafael Cid Fernández; o xornalista Xesús Manuel García Díaz, colexiado do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia; e o decano da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación de Pontevedra, Xosé Manuel Baamonde Silva. Como secretario, o responsable de Comunicación da Deputación de Ourense, Fernando Rodríguez Méndez.

Artigos relacionados

Back to top button