OurenseÚltima hora

Sesión de risoterapia no Centro de Maiores de Afundación de Ourense

A cita terá lugar mañá, martes 27, ás 18 horas
Imaxe do Centro de Maiores de Afundación, na rúa Paseo de Ourense. // Foto: S.F.
Imaxe do Centro de Maiores de Afundación, na rúa Paseo de Ourense. // Foto: S.F.

O Centro de Maiores de Afundación, sita na rúa Paseo de Ourense, acollerá mañá martes 27 unha sesión de risoterapia. Será a partires das 18 horas. A actividade está dirixida aos socios da entidade e tamén contará coa participación e asistencia dun grupo de rapaces españois, franceses e italianos que estos días están de intercambio xuvenil na cidade das Burgas. O obxectivo é favorecer o establecemento de canles de diálogo entre as persoas da terceira idade e os adolescentes.

Artigos relacionados

Back to top button