CulturaCulturaÚltima hora

“Sganarello o cornudo imaxinario” e “Caixa pazpallo, caixa de k…” esta fin de semana en Verín

As representacións están enmarcadas no VIII Festival de Teatro Entreculturas organizado por La Caja de Pandora
Imaxe do cartel da obra “Sganarallo o cornudo imaxinario” do Grupo de Teatro Vai Avante.

A vindeira fin de semana (21 e 22 de outubro), o Auditorio Municipal de Verín acollerá a representación das obras “Sganarallo o cornudo imaxinario” do grupo de teatro Vai Avante; e “Caixa Pazpallo, caixa do k…” do grupo de teatro Oreteiro. Estas representacións están enmarcadas dentro da VIII edición do Festival de Teatro Entreculturas, organizado pola Asociación para a Cultura e o Lecer: A Caixa de Pandora en colaboración do Concello de Verín.

O Grupo de Teatro Vai Avante que actuará o día 21, pertence a Associação Social Recreativa e Cultural Bem Fazer Vai vante de São Pedro da Cova (Gondomar). A obra que representarán é un exemplo de teatro clásico escrita por Molière no ano 1660. Trátase dunha farsa chea de enredos e sospeitas na que os personaxes pensan que as súas esposas, noivas ou parellas adican todos os seus esforzos amatorios a outras persoas alleas a eles.

 

Cartel da obra “Caixa Pazpallo, caixa do k…” do grupo de teatro Oreteiro.

O grupo de teatro Oreteiro de Allariz que actuará o día 22, volta á escena cun novo traballo con guión de creación propia, modelado por todo o grupo sobre unha base dun texto orixinal de Pepe. A obra xira en torno ás historias que se contan, se viven, se sofren e se comparten nunha caixa de aforros dunha vila calquera pola que pasa moita xente.

Para acceder a cada unha das obras teatrais, que terán lugar ás 20:30 horas, será necesario realizar unha achega de 3 euros que a asociación destinará a sufragar o aloxamento e a manutención dos case 200 actores que participan no festival.

Artigos relacionados

Back to top button