CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Son do Sil abarrota a praza Maior do Barco no concerto do seu décimo aniversario

Cun “Alalá” comezaba o grupo Son do Sil un concerto moi especial. Con el compartían, na casa, a música coa que levan celebrando os seus dez anos de vida como formación. E facíano coa multitude de persoas que se reunían a partires das sete da tarde do 2 de decembro na carpa instalada na praza Maior do Barco para escoitalos e mesmo para cantar con eles. Había moito calor e animación do ambiente a pesar das baixas temperaturas.

Desgranaban diversas pezas incluídas no seu traballo “10 anos contigo. Son do Sil” e despois deixaban paso no escenario ao grupo Dos Orillas, nacido en 2011 en Valladolid que intepreta “música de todos os xéneros e ritmos con estilo propio”, tal como eles mesmos explican.

Fotos: A.R.

Artigos relacionados

Back to top button