ConcellosEn portadaGalerías de fotosÚltima hora

Son do Sil actúa esta noite en Petín

As festas de Santiago e Santa Ana comezaron onte e estenderanse ata o martes 26 de xullo

A agrupación músico-vogal valdeorresa Son do Sil está percorrendo a comarca coa súa xira “10 años contigo”. Hai só uns días poñía son á XX Feira do Viño de Valdeorras e hoxe, domingo 23 de xullo actuará en Petín, no marco das Festas de Santiago e Santa Ana. A actuación está prevista para as 21:30h. na praza Doutor Quiroga e os asistentes ao concerto poderán escoitar temas do novo disco como Galicia docementeCan’t help falling in love, Alfonsina y el marAdiós ríos, adiós fontes, la vie en rose, entre outros moitos.

Despois de Son do Sil, a festa continuará coa actuación do grupo Doc Magoo’s que collerá o relevo para animar o ambiente ata a madrugada. Chegados dende Monforte de Lemos, trátase dun grupo que versionea fundamentalmente clásicos do rock dos 60 e 70, como The Who, ZZ Top, Bob Dylan, Jimmi Hendrix, Cream, Creedence clearwater revival ou Neil Young.

Máis información na edición en papel do Periódico O Sil.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

Artigos relacionados

Back to top button