CulturaCulturaGalerías de fotosMúsicaÚltima hora

Son do Sil enche a praza do Reloxo de Trives

O seu concerto pechaba os actos da IX Mostra de Patrimonio Inmaterial na vila

Xa nas probas de son, durante a tarde, soaban os aplausos. Eran un adianto dun exitoso concerto que Son do Sil daba na noite do 13 de agosto na praza do Reloxo de Trives como broche dos actos da IX Mostra de Patrimonio Inmaterial, organizada por A Caniceira.

O concerto comenzaba co tema ““Al calor del amor en un bar”, pasadas as dez e media da noite cunha praza ateigada de público. A partir de aí o grupo valdeorrés despregaba o seu repertorio nunha actuación que forma parte da xira do seu décimo aniversario. Ademais estiveron acompañados nalgún dos temas polas Macizas Centrais.

Fotos: A.R./ Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button