ConcellosÚltima hora

Son do Sil volverá actuar no programa “Aquí Galicia” dende O Barco

O grupo valdeorrés interpretará dous temas do seu novo disco “10 años contigo”
Son do Sil actuando en “Aquí Galicia” no mes de xaneiro.

“La vie en rose” e “La taberna de buda”. Son os dous temas que interpretará o grupo valdeorrés Son do Sil no decurso do programa “Aquí Galicia” da TVG que se emitirá en directo mañá, sábado 16 de setembro a partires das 16:30h. dende a praza barquense Andrés de Prada. Estas dúas pezas forman parte do novo disco co que Son do Sil está a celebrar o X aniversario.

A súa actuación está prevista, segundo adiantan dende a formación, ao redor das cinco o primeiro pase e en torno ás seis o segundo. Esta será a segunda vez que o grupo actúe no programa da Televisión de Galicia (xa actuaron no marco da XVII Festa do Botelo) e farao xunto a outra agrupación valdeorresa: a Banda de Música do Barco.

Un día antes da emisión do programa, os técnicos preparaban xa a carpa para as actuacións.

 

Montaxe do carpa dende a que retransmitirá “Aquí Galicia”./ Foto: Ángeles Rodríguez.

Artigos relacionados

Back to top button