DeportesÚltima hora

Sincro Ourense, campión galego de inverno de rutinas de nivel

O club ourensán lograba dous ouros e unha prata no campionato de natación sincronizada celebrado en Ferrol
Os tres equipos do Club Sincro Ourense coas medallas.
Os tres equipos do Club Sincro Ourense coas medallas.

O 27 de febreiro celebrábase na piscina Gómez-Noya de Ferrol, o campionato galego de inverno de rutinas de nivel de natación sincronizada. Na competición, participaban os tres equipos de nivel do Club Sincro Ourense que conseguían dous ouros e unha prata, proclamándose gañador absoluto do campionato.

O primeiro turno era para as alevíns que conseguían a medalla de prata, “tras realizar unha rutina de gran dificultade con mínimos fallos” explican dende o club. O grupo está formado polas nadadoras: Eva Espinosa, Rocío Blanco, Sabela Guevara, María Gónzalez, Erea Lamas, Noa Pulido, Ana Moyano, Eva Rodríguez, Antía Touriño e Ainoha Rodríguez.

Equipo alevín do Sincro Ourense.
Equipo alevín do Sincro Ourense.

O seguinte en competir foi o grupo infantil que se proclamou campión galego “tras realizar unha brillante rutina que obtivo 8 puntos de vantaxe sobre o segundo clasificado”. O combo está formado por: Marta Vilariño, Ana Gómez, Lara Doval, Silvia Quintela, Elena Moyano, Uxía Vazquez, Gisele Cazás, Claudia Bande, Eyen Díaz,Lola Carracedo, Rebeca Ruiz e Candela Rodríguez.

Equipo infantil.
Equipo infantil.

O combo ourensán xuvenil foi o encargado de pechar a xornada. As máis veteranas do Sincro Ourense “realizaron unha rutina vibrante e pragada de dificultades que puxo en pé ao numeroso público presente como recoñecemento a un traballo impecable dende o punto de vista técnico e artístico” explican dende o club. Este grupo está formado por: Paula Vilariño, María Cid, Ana Espino, Xiana Otero, Lucía Villar, Laura Bernardo, Laura Babarro, Iria Guevara, Aida García e Clara Dacosta.

Equipo xuvenil.
Equipo xuvenil.

Artigos relacionados

Back to top button