PolíticaÚltima hora

A situación do galego, nunha charla de Galiza Nova no Barco

Cartel da charla.

 

No marco da campaña “Rebélate, fala galego”, Galiza Nova Valdeorras organizará o vindeiro 12 de maio ás sete da tarde a charla-coloquio sobre a situación da lingua galega. Este acto terá lugar no Salón de Actos do Multiusos do Barco.

Nesta charla intervirán Daniel Calvo, estudante valdeorrés da Facultade de Filoloxía da USC e Marcos Maceiras, presidente da Mesa Pola Normalización Lungüística. “Galiza Nova convida a todos e todas as valdeorresas ao acto”, segundo indican dende esta organización.

Artigos relacionados

Back to top button