ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

A socióloga Raquel Pérez presenta en Verín “La irresistible Silvia”

O acto de presentación deste libro tiña lugar na tarde do 21 de abril na Biblioteca Municipal desta localidade

A actitude positiva das persoas é esencial á hora de camiñar pola vida e facer fronte ás diferentes situacións. É unha das conclusións que a socióloga Raquel Pérez García plantexa na súa obra “La irresistible Silvia”, que presentaba na tarde do 21 de abril na Biblioteca Municipal do Concello de Verín.

Neste libro esta autora trata de dar resposta a preguntas vitais ao redor do fracaso, a frustración, o medo a equivocarse, a felicidade, as persoas tóxicas, etc. E así o expoñía durante a presentación. Tras ela, asinaba exemplares deste volume.

Fotos: Biblioteca de Verín.

Artigos relacionados

Back to top button