Galerías de fotosSanidadeÚltima hora

Solidariedade con sabor a chocolate, no Barco

A AECC organizaba na tarde do 25 de novembro unha chocolatada benéfica cunha numerosa asistencia

Unhas 185 persoas asistían á chocolatada benéfica que vén de organizar a Asociación Española contra o Cancro (AECC) de Valdeorras na tarde do 25 de novembro no Casino do Barco. Persoas de todas as idades e de diferentes puntos da comarca sumábanse a este acto solidario no que compartían chocolate, churros e biscoitos.

A presidenta da AECC de Valdeorras, Gloria Pérez, agradecía a numerosa asistencia así como a colaboración dos establecementos da comarca que doaron unha serie de regalos que se sorteaban ao remate da chocolatada entre os asistentes. O sorteo era realizado polas voluntarias da AECC na comarca.

Fotos: A.R.

Artigos relacionados

Back to top button