CulturaCulturaGalerías de fotosMúsicaÚltima hora

Son galego na Cabalgata de Reis das Palmas de Gran Canaria

Mañá, 5 de xaneiro, Redegaita actuará por primeira vez nas Illas Canarias
Actuación de Redegaita na República Checa.

Por primeira vez Redegaita actuará na Illas Canarias. Será mañá 5 de xaneiro durante a Cabalgata de Reis nas Palmas de Gran Canaria.

Tal como explican dende a agrupación, seis dos gaiteiros que forman parte de Redegaita serán os seleccionados para interpretar melodías galegas abrindo o desfile, “un dos máis coidados de toda España con 8 quilómetros de percorrido”, explica Jhonathan Ferreira.

Redegaita ten escolas en Verea (Ourense), Lubián (Zamora), Aveiro (Portugal) e Barcelona “cuxos alumnos seleccionados forman parte deste expoñente”, din dende a banda que o ano pasado completou un longo percorrido musical con actuacións en Cholet e Mazamet (Francia), Strakonice (República Checa) e Zürich (Suíza).

Artigos relacionados

Back to top button